Site icon Crónica3.com A Mariña

Comercio electrónico para mulleres emprendedoras en Barreiros

1O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro acolleu unha charla-coloquio sobre o comercio electrónico, que estivo dirixida a mulleres empresarias e emprendedoras que valoren a posibilidade de incorporarse no mercado laboral a través dunha actividade emprendedora ou empresarial no ámbito do comercio electrónico, que a día de hoxe é unha grande ferramenta para conseguir un maior crecemento, emprego e maior competitividade. O acto foi organizado polo Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, a Federación GALI.CE.CAN (Galicia, Ceuta, Cantabria, La Rioja), por Oficina de la Mujer e polo Concello de Barreiros.
Máis de 150 mulleres de Lugo, Foz, Barreiros, Quiroga, Guitiriz, Cospeito, Xermade, Burela, Cervo, Vilalba e Sarria está a participar na primeira fase do proxecto ‘Tu vida en un click’, que inclúe conferencias como a que se celebraba nas últimas horas en Barreiros.

Exit mobile version