Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezan a traballar os socorristas nas praias de Foz onde xa foron izadas as bandeiras azuis

FOTO IZADO BANDEIRAS AZUIS FOZFoz, 1 de xullo de 2013. Este mediodía empezaron a traballar os socorristas nas praias de Foz e foron izadas as bandeiras azuis, que este ano lograron seis areais do concello e o sendeiro que vai da Rapadoira a Llas.

A concelleira de Medio Ambiente, Maite López Rego, explicou que “en anos anteriores acostumábase facer un acto protocolario, pero desde o equipo de goberno consideramos que nos tempos que corren e tal e como están as cousas non é o momento de gastar e decidimos facelo dunha forma bastante austera e se ningún tipo de acto”.

Aínda que os socorristas xa están traballando dende hoxe Maite López recoméndalles a todos os usuarios das praias que “teñan coidado e sexan prudentes, porque o mar pódenos dar algún susto de vez en cando”.

A edil tamén comentou que o goberno municipal “está moi orgulloso por manter estas bandeiras azuis, porque realmente cada vez esixen máis e piden máis cousas e por iso é moi difícil e hai que facer un esforzo importante para conseguir todas estas bandeiras”.

Maite López espera que “todo empece ben e que nos veña algo de verán, porque de momento o tempo non se está portando moi ben”.

Exit mobile version