Site icon Crónica3.com A Mariña

Concentración silenciosa en Barreiros

O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, varios concelleiros e traballadores municipais secundaron no mediodía deste venres unha concentración silenciosa na praza do Concello para amosar o seu pesar polas vítimas do accidente ferroviario que se rexistraba o pasado mércores nas proximidades de Santiago de Compostela. A eles uníronse algúns veciños e turistas que pasan as súas vacacións na zona.

Exit mobile version