A Coruña, 1 de xullo de 2013.- O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, salientou este mediodía o “papel central” que xogan os mercados e prazas de abastos na estratexia de impulso á mellora do comercio de proximidade que está a desenvolver a Xunta, á que se levan destinado máis de 8 millóns de euros ao longo deste ano.
Conde, que participou xunto coa conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, o alcalde da Coruña, Carlos Negreira, e o presidente da Deputación coruñesa, Diego Calvo, no acto final da campaña de Economía e Industria Presume de praceiro/a no que se entregaron os premios aos mellores praceiros e praceiras escollidos polos clientes de cada praza de abastos galega, resaltou o “bo facer e a profesionalidade” dos máis de 4.000 pequenos empresarios “que se levantan cada madrugada para traballar e encher de vida os mercados e as prazas de abastos das nosas vilas e cidades”.
Durante a cerimonia celebrada no mercado de abastos de San Agustín, Conde subliñou que en moitas ocasións ese bo facer se transmite de xeración en xeración, como no caso de MariCarmen Fervenza, elixida entre todos os praceiros gañadores como Mellor Praceira 2013 en base a criterios como a antigüidade no posto e o relevo xeracional, e que rexenta xunto coa súa filla unha froitería en Moaña fundada pola súa avoa. Neste sentido, o conselleiro resaltou que “as nosas prazas de abastos gardan a esencia da nosa tradición e da nosa cultura”, e ao mesmo tempo, “son espazos que se reinventan e collen forza coas iniciativas de novos emprendedores”.
Así, o conselleiro de Economía e Industria destacou que o Goberno galego “aposta por potenciar as prazas de abastos como líderes na venda de produtos frescos e de calidade”, impulsando a súa renovación e “unindo a tradición de compra con novos e mellorados servizos para os consumidores”.
Francisco Conde salientou, dentro dos diferentes programas de impulso ao sector comercial activados este ano, as axudas para apoiar aos concellos na renovación das infraestruturas comerciais, nas que os apoios de maior importe se destinan ás prazas de abastos, o que permitirá avanzar na posta en marcha dunha Rede Galega de Mercados de Abastos Excelentes. Do mesmo xeito, recordou os apoios para reforzar o asociacionismo comercial, a través do programa para a dinamización das prazas de abastos e os centros comerciais abertos ou o destinado a respaldar ás federacións de comerciantes e asociacións supramunicipais, así como a convocatoria para promover a incorporación das novas tecnoloxías e do comercio electrónico.
A campaña da Consellería de Economía e Industria Presume de praceiro/a, cuxo acto final congregou hoxe na Coruña a numerosos representantes do eido comercial e institucional, ten por obxectivo poñer de relevo a figura profesional dos praceiros, ao tempo que se incentivan as compras e se promocionan e visibilizan os mercados e prazas de abastos como referentes na compra de produtos frescos e de calidade.
Durante o desenvolvemento da terceira edición de Presume de praceiro/a os clientes de 95 mercados de toda Galicia puideron votar polo seu praceiro ou praceira favorita por cada compra realizada, emitíndose un total de 1,5 millóns de votos, o que supón o mesmo número de compras xeradas. Entre todas as votacións recibidas celebráronse dous sorteos, un o día 12 de abril e outro o 3 de maio, nos que se premiaron en cada praza de abastos tres papeletas con 75, 50 e 25 euros en bonos de compra para impulsar as vendas dos propios mercados.
PRACEIRAS E PRACEIROS PREMIADOS
MERCADO | PRACEIRO/A |
MERCADO DE ARBO | Froitas Nieto |
MERCADO DE SABARÍS (BAIONA) | Javier Pereira Marcote (Peixería) |
MERCADO MUNICIPAL DE BAIONA | Carnicería Cardiño |
MERCADO MUNICIPAL DE BUEU | Peixes e Mariscos Fita Cartagena |
MERCADO MUNICIPAL DE CALDAS DE REIS | Pili Gamallo Piñeiro |
MERCADO MUNICIPAL DO GROVE | Dolores Ferreira Couto |
MERCADO MUNICIPAL DE MOAÑA | Mª Carmen Trigo Fervenza (Froitería Tery) |
MERCADO MUNICIPAL DE PONTEVEDRA | Peixes Mari Vilaxoán |
MERCADO MUNICIPAL DE VILANOVA DE AROUSA | Panadería A Praza |
MERCADO MUNICIPAL DE CAMBADOS | Mª Delia Fontán Santos |
MERCADO MUNICIPAL DE CANGAS | Mª Amelia Igleisias Mariño |
MERCADO MUNICIPAL DA CAÑIZA | Peixería Rosa |
MERCADO DE CRECENTE | Carnicería Benigno |
MERCADO MUNICIPAL DE CUNTIS | Carnicería Carlos |
MERCADO MUNICIPAL DA ESTRADA | Fernando González Villar (Carnicería) |
MERCADO DE GOIÁN (TOMIÑO) | Estrella María Sobral Sousa |
MERCADO DE TOMIÑO | Carnicería Ana |
MERCADO MUNICIPAL DE GONDOMAR | Mercedes Cortegoso Costas |
MERCADO MUNICIPAL DA GUARDA | Emilio Baz |
PRAZA DE ABASTOS DA ILLA DE AROUSA | Carnicería O Lar da Carne |
MERCADO MUNICIPAL DE LALÍN | Alimentación Nela |
MERCADO MUNICIPAL DE MARÍN | Juana Soto Santiago |
MERCADO MUNICIPAL DE SEIXO (MARÍN) | Ángela Eidón Barreiro |
MERCADO DE MEAÑO | José Mª Serantes Souto (Carnicería) |
MERCADO DE MONDARIZ | Alejandro Vázquez Díaz (Carnicería) |
MERCADO DAS NEVES | Mª Carmen Cuña Álvarez (Alimentación) |
MERCADO MUNICIPAL DE NIGRÁN | Purificación Leyenda Rodríguez |
MERCADO MUNICIPAL DE PONTE CALDELAS | Mª Asunción Fernández Reguera (Peixería) |
MERCADO MUNICIPAL DE PONTEAREAS | Froitería Charcutería Mary |
MERCADO MUNICIPAL DE PONTECESURES | Mª del Mar Barreiro Pesado (Peixería) |
MERCADO MUNICIPAL DO PORRIÑO | Herdeiros de Paulina Artesáns Carniceiros |
MERCADO MUNICIPAL DE REDONDELA | Mª José Muíños Roza (Peixería) |
MERCADO MUNICIPAL DE RIBADUMIA | Beatriz Bugallo Galiñanes (Peixería) |
MERCADO DO ROSAL | Froitería Nati (Nati Alonso Fernández) |
MERCADO MUNICIPAL DE SALCEDA DE CASELAS | Mª Gloria Blanco Fernández (Carnicería) |
MERCADO DE SANXENXO | Mª Nieves Martínez Cacabelos (Congelados) |
MERCADO DE PORTONOVO (SANXENXO) | Rosa Mª Pintos Poza (Peixería) |
MERCADO DE VILALONGA (SANXENXO) | Mª del Carmen Rey Camiña (Peixería) |
PRAZA DE ABASTOS DE ARCADE (SOUTOMAIOR) | Polería A Praza |
MERCADO MUNICIPAL DE TUI | José Antonio Campos Ocampo |
MERCADO DO CALVARIO (VIGO) | Roberto y Horacio Gil Lameiro (Carnicería) |
MERCADO DAS TRAVESAS (VIGO) | Kike (Carnicería – Charcutería) |
MERCADO DE TEIS (VIGO) | Vanesa Álvarez Lorenzo (Charcutería) |
MERCADO DE BOUZAS (VIGO) | Pilar Cambeiro (Carnicería) |
MERCADO DO PROGRESO (VIGO) | Ana Belén García Rivera (Peixería) |
MERCADO DE BERBÉS (VIGO) | Maricarmen Dacosta Fernández (Peixería) |
MERCADO DE CABRAL (VIGO) | Amelia Ubeira Alonso (Peixería) |
MERCADO DE VILA DE CRUCES | Embutidos J.A. Vázquez |
MERCADO DE VILAGARCIA DE AROUSA | Beatriz Freire Fernández (Carnicería) |
MERCADO DE ABASTOS DE ARES | Mª Eugenia Covelo Martínez |
MERCADO MUNICIPAL DE BETANZOS | Concha Pérez Mariñán (Carnicería) |
MERCADO MUNICIPAL DE BOIRO | Carnicería Carlos |
MERCADO MUNICIPAL DE CARBALLO | Carnicería Santiago |
MERCADO MUNICIPAL DE CEE | Carnicería Benigno |
MERCADO DE CORCUBIÓN | Manuela Isabel Álvarez Villar |
MERCADO DE SAN AGUSTÍN (A CORUÑA) | David Iglesias Calviño (Peixe) |
MERCADO MUNICIPAL DE PALAVEA (A CORUÑA) | Enrique Fernández |
MERCADO MUNICIPAL DE MONTE ALTO (A CORUÑA) | Froitas Maroño Boedo |
MERCADO DE AS CONCHIÑAS (A CORUÑA) | Manuel Freijo López (Froitería) |
MERCADO DE ABASTOS DE ELVIÑA (A CORUÑA) | Juan Pablo Barbeitro Mañana (Carnicería) |
MERCADO MUNICIPAL DA PRAZA DE LUGO (A CORUÑA) | Víctor Conde Martínez |
MERCADO MUNICIPAL DE RAMÓN CABANILLAS (A CORUÑA) | Lidia Guntín Cruz (Aves) |
MERCADO DE SANTA LUCÍA (A CORUÑA) | Ana María Rodríguez Lois (Charcutería e Panadería) |
MERCADO MUNICIPAL DE FISTERRA | Mª del Carmen Rivera Espasandín |
MERCADO MAGDALENA (FERROL) | Mª del Carmen Caneiro Campos |
MERCADO RECIMIL (FERROL) | Germán López Pérez (Panificadora) |
MERCADO DE LAXE | Tino (Carnicería) |
MERCADO MUNICIPAL DE MALPICA | Peixería As Pilaras |
MERCADO MUNICIPAL DE SAN TELMO (MUGARDOS) | Carnicería Mª Jesús |
MERCADO DE ABASTOS DE NOIA | Carnicería Bustelo |
MERCADO MUNICIPAL DE OLEIROS | Olga Aurea Vidal Mouriño (Peixería) |
MERCADO MUNICIPAL DA POBRA DO CARAMIÑAL | Carnicería A Vila |
MERCADO MUNICIPAL DE PONTEDEUME | María Herminia Vázquez Paz (Froitería) |
MERCADO DE ABASTOS DAS PONTES | Carnicería Elías |
MERCADO MUNICIPAL DE PORTO DO SON | Manuela Triñanes Calo (Peixería) |
MERCADO MUNICIPAL DE RIANXO | María José Míguens Martínez (Carnicería) |
MERCADO DE PALMEIRA (RIBEIRA) | José Andrés Rivas Guillán |
MERCADO DE RIBEIRA | Mª Teresa Domínguez Caamaño (Froitería) |
MERCADO DE ABASTOS DE SANTIAGO S COOP | Polería Orosa (José Manuel Orosa Canaval) |
MERCADO MUNICIPAL DE CURTIS | José González de la Torre (Dis.Froita) |
MERCADO MUNICIPAL DE CHANTADA | José Antonio Armas (Carnicería) |
MERCADO MUNICIPAL DE LUGO | Queixeiría Arcadio Coroas |
MERCADO MUNICIPAL DE MONDOÑEDO | Carnicería Pacio y Fraiz |
MERCADO MUNICIPAL DE RIBADEO | Mª Carmen Freije Muiño (Froitería) |
MERCADO MUNICIPAL DE SARRIA | Carlos Díaz López (Carnicería) |
MERCADO MUNICIPAL DE VILALBA | Generosa Emérita Estévez Pardino |
MERCADO MUNICIPAL DE VIVEIRO | Panadería máis que pan |
MERCADO MUNICIPAL DE CELANOVA | Manuela Domínguez Gándara (Carnicería) |
MERCADO MUNICIPAL DO BARCO DE VALDEORRAS | Carnicería Odilo Rodríguez Trincado – “O Malapata” |
MERCADO MUNICIPAL DO CARBALLIÑO | Hermanas Reinoso, S.C. (Peixería) |
MERCADO MUNICIPAL DE OURENSE | Antonio Gómez Rey – Froitas Elisa |
MERCADO Nº2 A PONTE (OURENSE) | Carnes Parente |
MERCADO MUNICIPAL POBRA DE TRIVES | Aurora Nogueira López (Carnicería) |
MERCADO MUNICIPAL DE RIBADAVIA | Esther Pereira López (Florería) |
MERCADO MUNICIPAL XINZO DE LIMIA | Fátima Costa de Sousa (Froitería) |