Site icon Crónica3.com A Mariña

Costiña SL aclara que no Comité de Empresa se estableceu por escrito o compromiso de abonar os 300 euros adebedados por traballador antes do vencemento do 2013

Con referencia ó artigo de denuncia de familiares de traballadores de Costiña, S.L. no que se expón que a empresa adeuda miles euros ós empregados, a dirección manifesta o seguinte:

Dende a derradeira actualización de convenio para os exercicios 2011 e 2012 que foi publicado no BOP de Lugo o 19/11/2012, nese mesmo instante foron actualizados todos os salarios sin excepción e cotizadas na seguridad social e no IRPF as cantidades correspondentes a atrasos do período anterior á firma.

É dicir, a día de hoxe a única débeda que a empresa mantén cos seus traballadores redúcese a un promedio de 300€ por traballador. Na xunta realizada co Comité de Empresa o pasado 18/07/2013 estableceuse o compromiso de abonalos antes de vencemento do 2013 acordando texto por escrito de compromiso.

Así, dende a empresa explican que a información facilitada polos familiares dos traballadores é “falsa e pode facer moito dano de cara á credibilidade dunha empresa”.

Exit mobile version