Site icon Crónica3.com A Mariña

Cristóbal Rodríguez, campión de España sénior de pentatlón en elite absoluto

O dobre medallista continental viveirense Cristóbal Rodríguez Fidalgo ven de lograr o titulo de Campión de España Sénior Elite Absoluto 2013 o pasado sábado na vila catalá de Sant Boi de LLobregat.

Rodríguez chegaba ó Aeroporto do Prat en Barcelona o mesmo día da competición procedente de Hungría onde se encontra preparando o Campionato de Europa que terá lugar en Polonia, pero a pesar do forte adestramento e o cansazo propia da viaxe, foi o mellor realizando unha competición na que se mostrou superior dende os primeiros compases e establecendo récord nacional de 5872 puntos superando a marca anterior en máis de 100 puntos.

Cristóbal Rodríguez venceu en natación pasando a ocupar a primeira posición provisional. Na proba esgrima celebrada no pavillón polideportivo da Parellada tamén se levou o triunfo ó empatar con Heredia a puntos, pero vencéndolle no corpo a corpo e en hípica, proba celebrada na localidade de Valdoreix, obtivo 1160 puntos de 1200 posibles despois de empregar a maioría do tempo de adestramento a tranquilizar a Dileila, a egua que lle tocou por sorteo e coa que logrou formar un tándem case perfecto.

Así, o viveirense plantouse con vantaxe na proba final que reúne a proba de carreira e tiro, a Combinada, na que o pentatleta debe correr 3200 metros en catro series de 800 e derribar 20 brancos con pistola. Os primeiros cinco brancos caeron en 10 segundos asombrando ós presentes e saíndo para o primeiro parcial con máis vantaxe. No terceiro 800 Rodríguez dobraba a Aleix Heredia que se resistía polo que foio parcial máis rápido da competición, 2 munitos 10 segundos; o que lle permitiu correr o cuarto e último parcial un pouco máis relaxada, mentres, por detrás, se desataba outra batalla pola prata e o bronce entre os cataláns Toni Marcos, Aleix Heredia e o canario Ángel Ceballos.

Finalmente, a prata caeu a favor do catalán Toni Marcos que realizou tamén unha gran competición e o bronce foi para o canario Ángel Ceballos. Pasoulle factura a Aleix Heredia o tira ea frouxa co pentatleta galego no terceiro parcial quedando relegado á cuarta praza defendendo o título de Campión Nacional. Andy Sanz, tamén ex campión de España entraba quinto seguido do resto do grupo.

Exit mobile version