Site icon Crónica3.com A Mariña

Cristóbal Rodríguez, prata no Campionato de Cataluña de esgrima por equipos

tobalO pentatleta internacional mariñán e ‘Medallita Continental’ Cristóbal Rodríguez realizou unha gran actuación a pasada fin de semana no Campionato de Cataluña de equipos de esgrima á espada en elite absoluto.

O deportista viveirense, titular indiscutible esta tempada na Sala de Armas Montjuic, había sido encadrado polo técnico do “SAM”, o catalán Juanjo Michavila, no equipo formado por Grand Andertón,Ricard Romani e Alejo Arias. Non puideron repetir a alineación do Campeonato de España por estar lesionados algúns dos tiradores. Aínda así, o equipo defendeuse de xeito competitivo, conseguindo superar os diversos cruces ata a acadar a final. Esta disputárona fronte a sala de armas Amposta, un duro e poderoso rival que se levou o combate por un 15 a 13.

De todas formas, Cristobal Rodríguez amosouse satisfeito por ese segundo posto e pola tempada que realizou en xeral, xa que como pentatleta conquistou o ouro no Campionato Universitario, Ouro na Liga Catalana, un bronce por equipos no Campionato de España de Esgrima en Elite.

Exit mobile version