En total hai máis de 600 entradas reservadas, que poderán ser retiradas en taquilla a partires das 20 horas. As que resten ata completar o aforo poranse á venda nese momento ao prezo de 10 euros.
As portas da Casa da Cultura abriranse a partires das 20:30 horas para que a xente vaia accedendo ata o auditorio, pouco a pouco. O concerto dará comezo ás 21 horas.
Pola tarde Malikian impartirá unha clase maxistral diante do profesorado e do alumnado da Escola Municipal de Música de Burela e dos asistentes das escolas e centros de ensino musicais da Mariña que foron convidados a este acto.
Esta máster class terá lugar entre as 17 e as 19 horas, segundo informaba o director da Escola de Música de Burela, Xan Carballal.
Ara Malikian atenderá aos medios de comunicación, acompañado polo alcalde de Burela, José Mª González Barcia, a partires das 16:45 horas na Casa da Cultura.