
O próximo sábado día 6 o polideportivo do colexio Nuestra Señora del Pilar do Concello de Foz acollerá un curso de karate. As disciplinas que se impartirán serán tanto karate tradicional, uechi ryu karate do de Okinawa, coma kumite deportivo de alta competición. As clases estarán dirixidas por Ángel Arenas, 7ºDAN de karate e seleccionador nacional de kumite, e darán comezo de 11h ata as 13h e en horario de tarde das 16h ás19h. As inscricións realizaranse a través do enderezo electrónico shitokaigalicia@gmail.com ou ben a través do número de teléfono 655 052 149. O curso é organizado por Karate Shitokai A Mariña e colabora a Fundación de Karate Galega. Máis información en www.shitokaigalicia.com. Foron tres alumnos deste mesmo club os que acadaron o cinturón negro o pasado día 15 de xuño ante o Tribunal Nacional de Grados no exame celebrado en Oviedo. Os deportistas que recibiron dito recoñecemento son Tania Díaz, 1ºDan; Noé García e Xabier Doural.