Site icon Crónica3.com A Mariña

Dany non seguirá en Burela

dany-soto12-1A pivote brasileira Daniela Domingos, Dany, non continuará nas filas laranxas. A canarinha, que regresou ao seu país a finais de xuño coincidindo co remate de contrato co Burela FS Pescados Rubén, rexeitou a oferta de renovación que lle propuxo o club mariñán.

A entidade laranxa agradece o traballo da goleadora, que recalou na Mariña a comezos de 2012-13 procedente do Cajasur Córdoba, e deséxalle fortuna no futuro.

Exit mobile version