Site icon Crónica3.com A Mariña

‘De profesión mariñeiro’ achegou aos nenos e nenas ó porto burelés

visita porto burelaBurela, 26 de xullo de 2013. Un grupo de nenos e nenas de Burela visitaron o porto de Burela acompañados polas monitoras de Gaia. Estiveron no barco museo, nas casas dos mariñeiros e nunha peixería. A actividade denominouse De profesión mariñeiro.

As monitoras visitaron o pasado mércores un referente no pobo: o porto. Burela como pobo pesqueiro pola súa tradición e porto cantábrico líder en captura do bonito do norte.

Os nenos e as nenas visitaron por dentro, acompañados polas monitoras de Gaia, o barco museo boniteiro Reina do Carme, onde os mariñeiros levaban a cabo a súa labor ao longo dunha marea. Segundo lles explicaron desde Gaia “a vida seguía cando chegaban a terra, moitos dos mariñeiros vivían no que hoxe coñecemos como as Casas Baratas, eran as casas dos mariñeiros no tempo dos nosos avós”. E engadiron que “visitamos dúas destas casas que por casualidade son as casas dos avós mariñeiros dalgún dos nenos que nos acompañaban. Para rematar fixemos unha parada nunha peixería para coñecer e identificar de cerca algunhas das especies máis comerciais nesta zona e como non ver o bonito, que nestas datas están descargando os barcos no noso porto”.

Os asistentes disfrutaron moita con esta actividade.

Exit mobile version