Site icon Crónica3.com A Mariña

Dous responsables de Red Eléctrica de España darán unha charla sobre a liña Boimente – Pesoz

Lourenzá, 17 de xullo de 2013. Dous responsables de Red Eléctrica de España darán unha charla informativa sobre a liña Boimente-Pesoz ao seu paso polo municipio de Lourenzá. Inclúese no ciclo de conferencias mensuais que organiza o Concello e será o vindeiro luns ás oito e media da tarde no salón de actos municipal.

Anunciouno a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, quen explicou que “neste mes de xullo tamén vamos facer unha charla informativa e neste caso trataremos un tema que é demandado polos veciños, en particular polos afectados pola liña de Red Eléctrica Boimente-Pesoz”.

A rexedora engadiu que “será o vindeiro luns, día 22 de xullo, ás oito e media da tarde no salón de actos da Casa do Concello co título Liña Red Eléctrica ao seu paso polo concello de Lourenzá. Van estar Ángel Camiña Dorrio, que é o xefe da Delegación Rexional Oeste de Red Eléctrica de España, e Berta Díaz de Figueroa, que é a encargada de tramitación da liña e xurista. Tratarán de resolver as dúbidas dos presentes nesta charla”.

Exit mobile version