Site icon Crónica3.com A Mariña

ED Lourenzá Ensino debuta na Primeira Nacional xogando na casa

As rapazas do ED Lourenzá Ensino arrincarán o seu debut na Primeira División Nacional feminina recibindo a domicilio á Universidade de Salamanca o domingo 6 de outubro.

Enmarcadas no grupo A, as laurentinas pecharán a competición ligueira tamén na casa fronte ó Cafetería-Cervecería La Biblioteca Isnanboinboa Skalevt o 4 de maio do vindeiro ano.

O ED Lourenzá Ensino, único equipo lucense na categoría, medirase na ida ós outros dous equipos galegos – os coruñeses C.B. Maristas e A.D. Calasancias- na sétima e décima xornada, respectivamente. O primeiro derbi galego disputarase na Coruña o 24 de novembro, mentres que o segundo se celebrará en Lourenzá o 22 de decembro.

Na volta, o conxunto laurentino recibirá ó Sondeos del Norte Maristas na vixésima xornada de Liga da Primeira División Nacional de baloncesto feminino que se disputará o 16 de marzo e visitará a cancha da A.D. Calasancias o 6 de abril (xornada 23).

Exit mobile version