Site icon Crónica3.com A Mariña

Espazo Ecosocialista Galego elixiu os seus equipos de dirección comarcais en A Mariña, Pontevedra, Ferrol e Vigo

Espazo Ecosocialista está no proceso de elección e renovación dos seus equipos de coordinación comarcais.

Nos últimos días as asembleas de A Mariña, Ferrolterra, Pontevedra e Vigo elixiron os equipos de dirección comarcal que levarán adiante o traballo propositivo desta formación política da esquerda galega, verde e renovadora, que forma parte da coalición Alternativa Galega de Esquerda.

Este proceso de elección faise en pleno proceso de incorporación de novas persoas á organización e algunhas delas referentes políticos e sociais importantes na súa zona.

Así en Ferrolterra o equipo conformado por un membro de cada concello da comarca e estará coordenado conxuntamente por Lucia Vizoso, activista social de diferentes plataformas na zona da comarca coma a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, Marcha Mundial das Mulleres e tamén directiva da Asociación Cultural pola rexeneración da esquerda ‘Fuco Buxán’, e por Bernardo Lorenzo, ex-concelleiro de promoción económica, emprego e turismo do concello de Ferrol durante o bipartito BNG-PSdG, referente da esquerda galega na comarca.

En Pontevedra o equipo comarcal esta conformado por 7 persoas e estará coordinado por Jose Antonio Ramírez, filólogo e mediador social, membro do Colectivo Encontro-Benestar Social, e por Ana González, persoal de servizos xerais do sergas.

En Vigo conformouse un equipo de 10 persoas encabezado por Manuel Hermo, funcionario local e activista do software libre, e por Modesta Regueira, mediadora e activista social e ex -membro da executiva provincial do PSdG-PSOE, como coordinador e coordinadora.

En A Mariña o equipo comarcal esta encabezado por Ivan Rodríguez, doutor en xeoloxía e consultor medioambiental, e Ica López, comerciante e activista social.

Este proceso de renovación e elección de equipos de dirección comarcal seguira facéndose no conxunto das comarcas de Galicia ata que en todas exista un equipo comarcal encabezado por unha co-coordinación paritaria, modelo que posteriormente quérese estender a nivel nacional.

Campaña de extensión. Conferencia política e II Asemblea Nacional

Ademais da consolidación e crecemento nas comarcas onde Espazo Ecosocialista xa ten presenza: A Mariña, Ferrolterra, A Coruña, Ourense-Lemos, Arousa, Pontevedra, Compostela e Vigo; durante os próximos meses vaise traballar para ter presenza en tres comarcas novas onde aínda non esta constituído o partido: Lugo, Morrazo e Barbanza.

Para iso Espazo elaborou un folleto de presentación argumentando na necesidade de construír un espazo novo e insistindo na necesidade que ten a esquerda de construír novos relatos, novas axendas e propostas progrmatica alternativas á vella política.

Este proceso de fortalecemento orgánico é previo á celebración en outubro da Conferencia Política de Espazo Ecosocialista que abrirá un proceso aberto de debate e reflexións para actualizar a proposta ecosocialista galega e que rematara en febreiro na II Asemblea Nacional desta formación política.

Exit mobile version