Site icon Crónica3.com A Mariña

A Residencia Virxe do Carme de Foz celebra o Día dos Avós

A recentemente fundada Asociación Cultural e Recreativa “O CAIADO” de Foz, organiza o DÍA DOS AVÓS na Residencia Virxe do Carme desta localidade, o sábado día 27 de xullo e a partir das 4,30 da tarde e co seguinte programa:

Actuación da Rondalla Latexos, cantautor Tono Alonso (director do colexio Martínez Otero) e o Coro Parroquial de Cangas.

Neste acto de portas abertas para todo o público en xeral, contará tamén coa colaboración da ACIA (Asociación de Comerciantes) de Foz, que realizarán un sorteo gratuíto entre todo o público asistente, de catro lotes de cinco láminas cada un de fotos antigas de Foz, así mesmo a ACIA fará un agasallo a cada un dos internos da mencionada Residencia, a un total de 34 residentes.

Neste acto tamén se conta coa incondicional colaboración da Asociación de Amas de Casa, Asociación AFAMMER e a Asociación María Auxiliadora que poñerán o punto gastronómico para os anciáns.

O acto que farase no patio exterior da mesma residencia baixo carpa, tamén conta coa inestimable colaboración do Concello de Foz.

Tamén a Asociación Cultural “O CAIADO” aproveitará a ocasión para facer a súa presentación oficial como asociación creada exclusivamente para realizar actos culturais e recreativos na propia Residencia, ditos actos comezarán no mes de setembro, sendo este do día 27 un inesperado acto que non estaba nun principio pensado por estar as asociacións musicais moi ocupadas con diversos actos nos meses de xullo e agosto.

Cóntase para este día coa presencia de moito público de Foz e arredores, así como da Corporación Municipal e os membros do Padroado da Residencia de Anciáns, hoxe rexentada pola ONG Mensajeros de la Paz, actualmente dirixida por Natalia Zabaleta membro da mencionada ONG.

Exit mobile version