Site icon Crónica3.com A Mariña

Fin de semana de sendeirismo no Vicedo

Esta fin de semana vaise dedicar ó sendeirismo percorrendo as 2 rutas homologadas do municipio do Vicedo: nha polo río Sor e a outra percorrendo a costa de O Vicedo. As dúas, gratuítas e guiadas por monitores do Concello, son espectaculares xa que percorren entornos naturais moi fermosos. O sábado 27 xullo realizarase a Ruta Morgallón-Río Sor – Morgallón (PR-G 8) partindo da Casa da Cultura ás 10h e realizando o desprazamento en coches particulares ata Morgallón para iniciar alí a ruta (http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=es_ES&cod_rec=33804&ctre=23). E o domingo 29 xullo realizarase a Ruta Costa do Vicedo (PR-G 156) partindo do apeadeiro FEVE ás 09.30h para desprazarse en tren ata San Román, onde comezará a ruta (
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=1834386).

Exit mobile version