Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz acolle o segundo festival ‘Coa nosa fala’ este venres no campo da Cabana con seis actuacións musicais

Foz, 10 de xullo de 2013. Este vindeiro venres, día 12 de xullo, ás dez da noite celebrarase no Campo da Cabana, de Foz, a segunda edición do festival de música galega Coa nosa fala. No programa inclúense seis actuacións musicais e será conducido polo xornalista e presentador de radio e televisión Fidel Fernán.

No festival participarán Lino Quintet, Mariví Maragoto, Chingla, Hugo Torreiro e Yhadira, Sito Sedes e Escolma de Meus. Está organizado pola Banda de Música de Foz coa colaboración do Concello focense, a Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo e a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz.

Este festival forma parte da programación da oitava edición do ciclo denominado Sons na Rúa, que empezou o pasado día 5 e rematará o 26 con actos todos os venres deste mes.

Exit mobile version