Site icon Crónica3.com A Mariña

Fuente Parga anunciou que as obras nos accesos aos colexios vellos de San Miguel estarán rematadas nun mes

Barreiros, 22 de xullo de 2013. No prazo dun mes estarán rematadas as obras nos accesos aos colexios vellos de San Miguel, segundo o alcalde, Alfonso Fuente. O investimento ascende a preto de 80.000 euros.

O rexedor explicou que “era un acceso malísimo, unha estrada que estaba desfeita con motivo das obras que se realizaron alí ó lado naquel inmoble e, ó mesmo tempo que se está arranxando este edificio dos colexios vellos había que darlle un acceso digno”.

Fuente Parga dixo que “o que se fixo foi executar o aval ó promotor que construíu esta vivenda, executóuselle para urbanizar esa rúa. Entón, eses traballos son os que se están realizando e que ascenden a preto de 80.000 euros”.

Fuente Parga conta con que estas obras poidan estar rematadas no prazo de, máis ou menos, un mes.

Exit mobile version