Madrid, 16 de xullo de 2013.- O portavoz de Pesca do GPP, Joaquín García Díez, resalta a importancia dos acordos alcanzados o luns 15 de xullo no Consello de Ministros de Pesca da UE, no que se aprobou o Regulamento do Parlamento Europeo e do Consello relativo ó Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.
García Díez asegura que a labor levada a cabo polo Goberno nas instancias comunitarias desde a súa toma de posesión está logrando os seus resultados positivos e destaca, especialmente, elementos incorporados ó Regulamento que non foran tidos en conta na proposta inicial e que son importantes para España, coma o feito de conseguir que a definición de pescador inclúa tamén ás mariscadoras, as redeiras e os traballadores das almadrabas.
O portavoz popular está satisfeito, por exemplo, porque España lograra tamén que se incorpore ó Regulamento un conxunto de medidas a favor do sector pesqueiro que permitirán mellorar a rentabilidade das embarcacións, particularmente da flota artesanal, xa que se establecen axudas a inversións a bordo que contribuirán á diversificación dos ingresos a través de actividades complementarias, coma os servizos ambientais ou o turismo.
García Diez recorda que moitas das medidas agora incorporadas viñan sendo demandadas polo sector, coma as axudas a armadores e pescadores pola paralización definitiva das actividades naquelas flotas cuxa capacidade non está en equilibrio coas súas oportunidades de pesca. “Estas axudas, xunto ás contempladas pola paralización temporal da actividade da pesca, as de emerxencia, as de non renovación dun acordo ou protocolo de pesca ou as derivadas dun plan de xestión, incorpóranse ó Regulamento e farán mellor e máis fácil a aplicación da nova política pesqueira común para o periodo 2014-2020”, asegura o deputado popular.
García Díez tamén está satisfeito polo feito de que se incluiran medidas para mitigar o cambio climático, así coma que se contemple que, naquelas flotas que teñen en equilibrio as súas posibilidades de pesca e a súa capacidade pesqueira, se poida financiar a sustitución do motor principal.
O GPP agradece ó Goberno os seus esforzos por garantir o relevo xeracional. O regulamento aprobado contempla axudas para mozos menores de 40 anos que non sexan propietarios de barcos de pesca e que traballaran durante 5 anos no sector ou adquiriran unha capacitación suficiente.
Igualmente, na opinión de García Díez, a acuicultura sae favorecida ó incorporarse no Regulamento medidas financiables non propostas inicialmente, entre as que destacan as inversioóns produtivas e a modernización das instalacións.
O traballo do Ministerio que dirixe Miguel Arias Cañete fora amplo e non deixara fora a ningún sector. O sector transformador verase beneficiado tamén coa incorporación de axudas destinadas á mellora da eficiencia enerxética, o impacto ambiental, o financiamento da innovación de produtos ou o aproveitamento de especies sen interese comercial ou de subproductos, etc.
“O mérito do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente fora lograr a aprobación dun Regulamento que naceu exiguo e mermado para facer fronte ás necesidades do sector pesqueiro modificándoo dos pes á cabeza”, sentenciou García Díez.