Site icon Crónica3.com A Mariña

García Porto recorda que os populares do Valadouro terán que pagar as costas do xuízo trala desestimación da súa demanda

Na sesión da xunta de goberno da Deputación deste venres deuse conta dunha sentenza que desestima a demanda do Partido Popular no Valadouro, na que esta agrupación solicitaba a suspensión do Pleno no que tomou posesión a nova Corporación Municipal, por non lle ser notificado con maior antelación a data do mesmo. Ante esta situación, o Concello solicitou asistencia xurídica á Deputación, evitando contratacións externas para súa defensa e aforrando cartos. “A xustiza da á razón ó Concello, desestimando a demanda e obrigando ó PP a pagar as costas do caso, que poderían ascender ós 700 euros, aínda que é unha cuestión que determinará posteriormente a xustiza”, explicou a vicevoceira provincial, Pilar García Porto.

Irregularidades GES
Deuse conta á Xunta de Goberno do informe da Asesoría Xurídica sobre o incumprimento do convenio dos GES por parte dos Concellos de Folgoso do Courel, Guitiriz e Quiroga. Concellos e asociaciones denunciaron graves irregularidades nos procesos de selección do persoal destes municipios, notificándoos á Deputación por escrito. Isto motivou, en primeiro lugar, que o organismo provincial puxese en coñecemento da Xunta estas denuncias. Posteriormente, ante a ausencia dunha resposta por parte da Conselleira de Presidente que é a responsable última dos GES, a institución luguesa esixise a reunión da Comisión de Seguimento. García Porto destacou que “nestes encontros, o Goberno galego recoñeceu graves irregularidades na contratación dos GES en Guitiriz, Quiroga e O Courel, irregularidades que tamén foron recoñecidas polos propios Alcaldes destes Concellos. Nembargantes, a Xunta decidiu avalalas, e non obrigar a estes municipios a facer unha rectificación cun novo proceso de selección de persoal para os GES, axuntándose á lei. A Deputación ten moi claro que non vai a pagar nada ilegal polo que non financiará os GES de Guitiriz, Quiroga e O Courel. Facelo, significaría apoiar graves irregularidades como, por exemplo, que Guitiriz alterare as bases dun proceso de contratación de persoal público; ou que Quiroga e Folgoso do Courel celebrasen concursos de méritos cos que se contratou á irmá da Alcaldesa do Courel, un primo carnal do seu marido, entre outras persoas afíns ó Partido Popular. Non vamos a avalar isto en ningún caso”.

Exit mobile version