Gómez Besteiro visitou tamén con decenas de militantes as comarcas de Ribadavia e O Carballiño, en Ourense, e de Compostela, antes de participar esta fin de semana en Madrid no Comité Federal do partido, no que se aprobará a folla de ruta do proceso de elección de candidatos para o PSdeG co horizonte de setembro fixado xa polo Comité Nacional en Galicia. O socialista encara esta recta final, na que seguirá realizando visitas por toda Galicia, “con máis forza ca nunca” tras o apoio recibido e “co convencemento de que o partido sairá unido e moi reforzado” para iniciar “un proxecto de futuro que demostre que Galicia pode saír da crise sen renunciar á igualdade e a xustiza social, ao contrario do que quere facer crer o PP”.