Site icon Crónica3.com A Mariña

González Barcia, satisfeito co éxito da II Festa Castrexa, agradece o traballo da directiva da ACIA de Burela

Burela, 8 de xullo de 2013. O equipo de goberno fai unha valoración moi positiva da festa castrexa, que se desenvolveu o sábado en Burela. O alcalde, José Mª González Barcia, agradece a participación dos burelaos nesta cita e o traballo realizado á organización e aos colaboradores, “en especial á directiva da ACIA, porque demostraron cando hai interese pódense facer moitas cousas. A festa resultou un éxito e estamos moi satisfeitos por ese motivo”.

Concello e ACIA xa pensan na terceira edición da festa castrexa: “no apartado cultural xa temos algunha que outra idea, que se irá perfilando ao longo dos vindeiros meses. O Concello de Burela implicarase no 2014 ao igual que o fixo na primeira e na segunda edición desta festa”.

Concerto Ara Malikian
Na Casa da Cultura, en horario de mañá, segue a reserva de entradas para asistir ao concerto que ofrecerá o violinista de orixe libanés Ara Malikian, o vindeiro mércores ás 21 horas. O prezo é de 10 euros. Colores é un concerto que se embarca nunha viaxe musical inspirada na senda dos cíngaros a través de toda Europa, desde a India ata España, onde xurde o flamenco. O colorido do encontro entre as diversas culturas. No concerto do mércores escoitaranse músicas do mundo: India, Romanía, Armenia, Líbano, Rusia…

Exit mobile version