Site icon Crónica3.com A Mariña

Iago Barro deixa a disciplina laranxa e ficha polo Uruguai Tenerife FS

iago-barroO porteiro Iago Barro non disputará a tempada 2013-14 na disciplina laranxa, despois de rematar contrato. Este martes 2 de xullo fíxose oficial a fichaxe do viveirense, de 24 anos, polo Uruguay Tenerife FS, de Segunda División.

Formado na estrutura de base do Puerto Celeiro, o mariñán militou no Troula FS Betanzos (2007-08) e no Mera FS (2008-11). Estreouse na Segunda e Primeira Divisións coa camisola do CD Burela FS, en 2011 e 2012 respectivamente.

O club burelista deséxalle ao prometedor gardameta sorte na continuidade da súa traxectoria deportiva lonxe de Galicia.

Exit mobile version