A edil popular de Deportes subliñou que “ao longo deste ano acometéronse diversas actuacións de mellora do céspede, retirada das denominadas herbas malas, e traballos de abonado para que durante a tempada mantivera un estado óptimo para a práctica do fútbol”.
O rexedor lembrou que “o Concello ten a un empregado de obras de xeito permanente nas instalacións da Marosa para que coide tanto do campo coma do conxunto das instalacións e as teña a punto de forma continua. Esta actuación sobre o terreo de xogo lévase a cabo despois de que no ano 2007 o equipo de goberno do PP colocara un sistema de rego automático e se fixeran traballos sobre o céspede”. Beatriz Piñeiro e o alcalde engadiron que “a partires dese momento non se fixo practicamente ningunha actuación sobre o terreo de xogo en si mesmo, entón cando chegamos ao goberno municipal atopámonos cun terreo bastante deficitario e cunha situación económica crítica e moi difícil, pero aínda así estamos a mellorar o estado do céspede”. E explicaron que “este ano fixéronse catro abonados do terreo de xogo, retiráronse herbas malas, mantívose en bo estado a herba que configura o céspede e estamos a estudar a posibilidade de que a finais da vindeira tempada se faga unha actuación máis ampla sobre o terreo de xogo”.
Beatriz Piñeiro dixo que “en principio o previsto é manter para a seguinte tempada a liña de actuación que aplicamos durante a que acaba de rematar. E todo o que fagamos correrá a cargo do Concello de Burela”.