O fondista mariñán conseguiu unha marca de 16:58 e so foi superado por Pablo Alonso (14:49) do Universidad de Oviedo e Francisco López de Dios (16:33) do Cerezal Team, ouro e prata respectivamente.
O atleta ribadense xa conseguira o pasado mes de abril o campionato de Asturias de maratón, e en breve empezará a preparar o campionato de Asturias de media maratón, que este ano se celebrará no mes de outubro en Sama de Langreo.
Foto: Juan Pablo Carbajales Suárez. Ginzo co dorsal 61 nunha foto de arquivo.