Site icon Crónica3.com A Mariña

O Mago Antón en Barreiros ante máis de 160 persoas

Mago_Antón1O salón de actos do Centro Sociocultural de Barreiros encheuse de maxia na tarde do luns: máis de 160 persoas achegáronse para desfrutar do espectáculo ofrecido polo Mago Antón que foi traído a Barreiros da man do Colectivo Cultural Ollomao. Persoas de todas as idades, cunha ampla presenza de nenas e nenos, chegadas tanto de localidades veciñas como outras que están a pasar uns días de vacacións no concello barreirense participaron na actividade do prestixioso ilusionista. Contando co apoio da Vicepresidencia primeira de Deputación de Lugo, Antón López está a levar o seu espectáculo por distintos espazos da provincia de Lugo, tales como cafeterías, restautantes, bibliotecas,etc… Deste xeito, gran parte dos bares dos bares do Concello de Barreiros foron espazo improvisado para mostrar a maxia do artista durante toda a tarde do domingo e o luns. O Mago Antón despediu a todas as persoas presentes no Centro Sociocultural cun “podemos perdelo todo, pero nunca debemos perder a ilusión” e prometeu volver cando menos se lle espere, para retirar, por arte de maxia, as cartas que deixou pegadas nos teitos dos bares nos cales mostrou parte do seu espectáculo.

Exit mobile version