Os cativos puideron escoller entre dúas opcións nesta edición especial. Na Granxa Garabullos de Cospeito 476 pequenos realizaron varias actividades de contacto coa natureza. A visita comezaba cunha ruta guiada polos arredores da granxa, xogaron interactuando cos animais e a terra, participaron nun obradoiro de reciclaxe e gozaron doutros xogos e danzas.
A outra opción, que se podía visitar entre os días 16 a 19 de xullo, é o Centro Avifauna en Outeiro de Rei, alí 180 rapaces coñeceron con este programa 200 especies diferentes de aves dos 5 continentes. As características deste parque zoolóxico fano único na comunidade galega.
O programa km0 infantil está financiado nun 80% a Unión Europea a través do plan Lug02, polo que os cativos contan con transporte para a excursión que os recolle na sua zona e os traslada ata o destino escollido.
Actividades para toda a familia
As actividades que organiza a Deputación para nenos e familias continúan, neste caso no Centro de Interpretación Terras do Miño. Nos vindeiros días as familias poderán gozar de talleres de relaxación, noites de lúa chea para descubrir os mitos e lendas da provincia ou converterse en pequenos científicos e espías da natureza. Aínda quedan praza libres para algunhas actividades, polo que os interesados deben darse presa para apuntarse na web www.deputaciondelugo.org onde atoparán toda a información relativa ás Actividades Medioambientais do Centro de Interpretación Terras do Miño ou no teléfono 982-227-812.
Para o día 21 aínda quedan prazas para participar no obradoiro de relaxación que se celebrará entre as 11 da mañá e as 2 da tarde. Ó día seguinte no Paseo do Río Rato ás 22:00 horas para adultos e familias está prevista a actividade para desfrutar da lúa chea e coñecer as lendas da galegas.
Os cativos de entre 3 e 6 poderán xogar a ser espías da natureza nun primeiro contacto co medio nas mañás dos días 23 e 24 de xullo e os rapaces de 6 a 12 o día 29 de xullo fabricarán os seus propios xoguetes con materiais da natureza. O mes de xullo remata con actividades de colaboración para pais e fillos que se queiran converter en pequenos científicos durante as mañás dos días 30 e 31 de xullo.