Site icon Crónica3.com A Mariña

María José Fernández Díaz acusa ao PP do Valadouro de pretender discriminar as asociacións veciñais do municipio

Despois de ler as últimas declaracións que fixo o señor José Manuel Lamela, excalde popular de O Valadouro, en distintos medios de comunicación sobre os criterios de reparto das axudas económicas ás distintas asociacións culturais e deportivas do concello de O Valadouro que emprega a tenente María José Fernández Díaz, a edil manifesta que “parece ser que D. Pepe non ten claro o concepto do “principio de igualdade”, a pesar de que ata fai moi pouco era alcalde…que perigo!”

Asi mesmo, engade que “dispón o artigo 14 da Constitución Española que: “Os españois son iguais ante a lei, sin que poida prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquer outra condición ou circunstancia persoal ou social”.

Fernández Díaz aclara que “o que pretendemos dende a Concellería de Cultura é que tódalas asociacións relacionadas con eventos culturais ou deportivos no Valadouro reciban o mesmo trato, sin discriminación de ningún tipo. Si se fixou a cantidade de 1.500 euros por actividade e porque o PP xa concedera esa cuantía ó Motoclub do Valadouro para a realización da concentración deste ano (actividade de reconocida traxectoria e que dura todo o fin de semana). Ë decir, esa cantidade que critica vostede para a realización de EQUIOURO, foi a que vostede mesmo fixou previamente para a Concentración de Motos, así que agora non poña o grito na prensa. Non sería lóxico, e moito menos xusto, que de forma arbitraria unhas asociacións perciban unha cantidade distinta a outras sin criterio algún que o xustifique, sendo concretamente no caso de APREVAL (Asociación de Promoción e Recuperación Ecuestre Val do Ouro) o dobre, pois o que pretende o señor Lamela é que esta asociación perciba 3.000 euros por actividade, frente a 1.500 euros que van a percibir as demáis asociacións”.

Ademais, engade, que “nós non tratamos de recortar axudas económicas a ningunha das asociacións. Queremos dar un trato igual a todas aquelas asociacións que veñen facendo un traballo serio e organizando activididades que revitalizan Ferreira”.

“O que resulta certamente sorprendente é que o voceiro local do Partido Popular, don Lamela, trate de enfrentar a unhas asociacións con outras, co único obxectivo de sacar un proveito electoral. Este comportamento é máis ben propio doutros tempos, da época en que estábamos gobernados por caciques”, segundo acusa a concelleira de UDIVAL.

Dende UDIVAL queren “recordarlle ao voceiro do PP, a importancia de contar con criterios obxectivos e de igualdade á hora repartir calquer tipo de axuda económica, sexa para os veciños, para empresas ou asociacións,tal como recolle o artigo 9 da Constitución Española”.

“Ó mesmo tempo, gustarianos resaltar a importancia de manexar con suma prudencia os presupostos públicos destinados a este tipo de axudas nestes momentos de importantes recortes presupuestarios e de grave crise económica. O concello vese obrigado a atender outras situacións de extrema urxencia e necesidade como son a dependencia e o cuidado dos nosos maiores, pois quérolle recordar ao PP que dende o goberno autonómico recortáronse ás axudas para manter estes servicios forzando ós concellos a afrontalos cos seus propios fondos. Neste sentido, resulta certamente “kafkiano” que un voceiro do partido popular califique de recortes os nosos criterios de asignación de axudas, pero NON critique que o goberno autonómico presidido por don Alberto Núñez Feijoo, obrigue ós concellos a revisar á alza as tasas que paga os veciños beneficiarios dos servizos de coidado a dependentes ou a persoas maiores, como fixo no Decreto 99/2012, do 16 de marzo, e que tampouco critique que, ese mesmo goberno autonómico, suprima unha praza do persoal da gardería do concello do Valadouro. Pero está visto que para o PP do Valadouro esto non merece un comunicado á prensa, ata neso os independentes temos distinto criterio”, conclúe Fernández Díaz.

Exit mobile version