Site icon Crónica3.com A Mariña

Mario Outeiro esixiulle á Xunta de Galiza que despexe as dúbidas sobre o roubo de bebés para adopcións ilegais na provincia de Lugo

Fóra dos asuntos da Xunta de Goberno, Mario Outeiro, na rolda de prensa posterior á xuntanza deste venres 19 de xullo, esixiu á Xunta de Galiza que inicie de inmediato unha investigación arredor das denuncias de roubos de bebés e dados en adopcións irregulares, sen consentimento das nais, na provincia de Lugo. Mario Outeiro afirmou que “é prioritario que o goberno galego inicie de inmediato unha investigación interna sobre as posíbeis irregularidades cometidas por hospitais públicos galegos e casas de acollida de mulleres embarazadas a respecto da legalidade vixente en materia de adopción e remita toda esa información ao parlamento galego coa finalidade de despexar calquera dúbida”.

Segundo afirmou Mario Outeiro “hai informacións recollidas na prensa nas que se fala da posibilidade de que as mulleres asinasen documentos descoñecendo o contido dos mesmos, polo que o goberno galego ten que iniciar unha investigación na provincia para esclarecer calquera tipo de irregularidade por parte do SERGAS ou da Consellaría de Traballo e benestar no referido aos protocolos de adopción e, para despexar calquera dúbida, elaborar un informe sobre a adopción en Galiza especificando con claridade os expedientes de adopción derivados de entidades relixiosas que acollen mulleres para o parto e posterior adopción dos bebés.

Exit mobile version