Site icon Crónica3.com A Mariña

Mario Outeiro visitou os artistas que participan na primeira residencia artística de Estudio Aberto

Mario Outeiro con LomartiLugo, 5 de xullo de 2013. O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, visitou na sala de exposicións do Pazo de San Marcos aos artistas participantes no programa Estudio Aberto, unha iniciativa que se organiza dentro do proxecto Enredarte e que enmarca conceptos como a experiencia, a visibilidade e o compendio crear-compartir-participar. Nesta primeira quenda das dúas residencias artísticas, 6 artistas levan convivindo esta semana nun proceso de creación dialogada a través dun taller conxunto e aberto. Desta maneira tamén o público se puido achegar, incluso os nenos e nenas do Club Pequeamigos da Rede Museística colaboraron con Senén Olano na súa obra artística esta mesma mañá.

Reme Remedios, Senén Olano, Ruth Montiel, Gema López, Isabel Alonso e Lomarti son os artistas que fan parte da primeira Residencia Artística. Para acadar un proceso enriquecedor, tanto para artistas como para público, fíxose unha selección de artistas totalmente heteroxénea en canto a idade, formación, disciplina, orixe xeográfica, conceptos e vías de traballo, de maneira que vídeo, pintura, instalación, escultura, performance, debuxo, deseño e fotografía compartindo espazo, xerando sinerxias e colaboración.

Desta maneira, Mario Outeiro visitou as creacións con lá que Reme Remedios desenvolvía, e nas que tamén estivo axudada polos nenos e nenas do Club Pequeamigos, ou como Gema López realizaba a súa pintura a través de fotografía. Mario Outeiro tamén se achegou á pintura e escultura de Lomarti e ao debuxo en continuo na montaxe de 20 metros de Senén Olano, na que tamén participaron os nenos e nenas, así como ás montaxe de Isabel Alonso e Ruth Montiel.

O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo expresou a súa satisfacción por ver en marcha “un proxecto que nos sitúa nun punto de diálogo coa arte que nos achega a ela xa que vemos desde dentro o propio proceso de creación e podemos mesmo preguntar ou debater cos artistas sobre a súa concepción e, incluso nalgúns casos, chegar a contribuír a ela”.

Xunta de Goberno
Polo que respecta aos asuntos da Xunta de Goberno aprobados este venres, Mario Outeiro explicou que se aprobou o estabelecemento do prezo público do libro-catálogo sobre a exposición “Entre Marbella e Torremolinos”, e que quedou fixado en 10 euros, e tamén se aprobou da mesma maneira o prezo dos cursos da parte formativa de Buxiganga, que será presentada o luns. Os prezos mantéñense coma o ano pasado para ser accesíbeis a todas as persoas: 10 euros para membros de grupos participantes en Buxiganga e 20 euros para público xeral.

Ademais, Mario Outeiro fixo unha valoración moi positiva das actividades dentro de Cultura Aberta nos Xardíns da Deputación que comezaron esta mesma semana e que se prolongarán todo o mes de xullo e as dúas primeiras semanas de agosto.

Exit mobile version