O violinista de orixe libanés Ara Malikian que mañá, 10 de xullo, ofrecerá un concerto na Casa da Cultura de Burela, a partires das 21 horas participará pola tarde nunha máster class. Malikian impartirá unha clase maxistral diante do profesorado e do alumnado da Escola Municipal de Música de Burela e dos asistentes das escolas e centros de ensino musicais da Mariña que foron convidados a este acto. Esta máster class terá lugar entre as 17 e as 19 horas, segundo informaba o director da Escola de Música de Burela, Xan Carballal.