Site icon Crónica3.com A Mariña

Corporación municipal, traballadores, veciños e turistas gardaron 5 minutos de silencio en Lourenzá polas vítimas

Lourenzá, 26 de xullo de 2013. O Concello de Lourenzá sumouse este venres á iniciativa da FEGAMP e organizou para este mediodía unha concentración de cinco minutos en silencio perante á Casa Consistorial polas vítimas do accidente ferroviario de Santiago.

A alcaldesa laurentina, Emma Álvarez Chao, expresou que “o triste suceso acontecido na tarde noite do pasado mércores tinguiu de tristura o Día de Galicia e mantén consternado a todo o planeta e, como non podía ser doutro xeito, tamén ós veciños de Lourenzá”.

Por ese motivo “no día de hoxe sumámonos á iniciativa da FEGAMP e gardamos cinco minutos de silencio perante á nosa Casa Consistorial. Estivemos acompañados por traballadores do Concello, outros veciños e incluso algún turista que estaba pola zona”, comentou Álvarez Chao.

Ademais as bandeiras da Casa do Concello de Lourenzá ondean a media asta e con crespón negro desde o xoves.

Exit mobile version