Site icon Crónica3.com A Mariña

Mozos alemáns realizarán prácticas no Concello de Burela no marco dun programa europeo de mobilidade do IES Perdouro de Burela

alemans_perdouroPor cuarto ano consecutivo, o IES Perdouro de Burela colabora nun proxecto pioneiro europeo de formación coa BBZ – o centro de formación e inserción laboral da localidade alemana de Augsburgo – na acollida de rapaces e rapazas en centros de traballo da localidade.

O IES Perdouro de Burela leva catro anos coordinando a acollida de grupos de rapaces e rapazas alemáns que veñen formarse durante un periodo de catro semanas en empresas da localidade. Neste ano académico, é o terceiro grupo que recepciona o IES Perdouro en Burela. Tratase dun grupo de sete mozos e mozas cuxas inquedanzas xiran en torno ás actividades de conservación medioambiental. Os participantes deste proxecto europeo de mobilidade por intercambio IdA Explorer! realizarán as súas prácticas nos sectores de xardinería e limpeza de praia e monte en colaboración co Concello de Burela ata finais do mes de agosto. Asi pois, o pasado luns, día 29 de xullo, Manuel Fernández Valle, tenente de Alcalde, recibiu o grupo xermano nunha pequena recepción de benvida no salón de plenos. Xunto aos encargados de Xardinería e Limpeza do Concello, o edil lles explicou cales ían ser as tarefas a desenvolver asi como as medidas de seguranza. Os futuros aprendices montráronse con moita ilusión de aprender e abrir horizontes profesionais.

Karina Parga, Vicedirectora do IES Perdouro e encargada do Proxectos Europeos, explica que este proxecto piloto alemán, IdA EXPLORER!, respaldado polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais de Alemaña e financiado polo Fondo Social Europeo, trata de incrementar as oportunidades de estudos da xuventude, e fomentar o intercambio transnacional en Europa, reivindicando a importancia de coñecer outras realidades para desenvolver competencias e habilidades que faciliten unha integración cualificada e duradeira no mercado de traballo. A Vicedirectora sinala que nestes catro anos que leva traballando coa BBZ un total de 70 alemáns realizaron as súas prácticas na localidade de Burela.

Exit mobile version