Nesas condicións, a sensación de liberdade que experimenta o internado axúda a soportar a inevitable e nunca desexada estancia hospitalaria, onde as dores físicas e o baixón anímico van parellos e tanto necesita a víctima de cantos recursos poidan incidir dulcificando as longas horas, e días, de permañenza no Centro, á busca da saúde perdida Un querido amigo que nos chamou durante a estadía no hospital contounos que alguen que vivía unha experiencia semellante facía: esta reflexión “Resulta que eu era rico e nunca o souben”.
O HULA veo a suceder, con tódolos honores, á vetusta Residencia da S,S, que, trala longa travesía de moitos anos, rematou o ciclo vital cando xa, vella, depauperada e con graves deficiencias pedía a berros o recambio que se fixo, como decimos con novas e modélicas instalacións mesmo cunha discreta ollada a posibilidade de que nun futuro mais ou menos próximo se necesitase maior espacio para atender de xeito óptimo o posible incremento da demanda, feito nada extrano nunha sociedade envellecida como é a nosa. Elemental previsión que non sempre se fai o que conduce a que moitas veces amgníficas instalación novas de contado quedan obsoletas ou incapacitadas, ó non admitir mais alá da súa capacidade inicial, xa esgotada.
Suso Fernández