Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova canteira de titiriteiros no IES Perdouro de Burela

titiriteiros-perdouroCelebrouse no IES Perdouro de Burela o festival de fin de curso levado a cabo por Miruca Parga, a coordinadora do equipo de dinamización lingüística coa colaboración do alumnado de 3º de ESO e 3º PDC. As actividades consistiron na presentación da revista Maruxía, a entrega de premios do concurso de relatos e imaxes da A. C. Os Matos, a proxección de videopoemas e a representación de obras de títeres. Logo da presentación da revista escolar Maruxía e da entrega de premios, a actividade de espectáculo inicouse coa proxección e recital de videopoemas elaborados polos propios rapaces de 3º PDC sobre Rosalía de Castro co gallo de celebrar o 150 aniversario da publicación de “Cantares gallegos”. E a continuación, representaronse tres das obras de monicreques escritas e postas en escena polo alumnado de 3º ESO e 3º PDC. Durante este curso escolar desevolveuse neste centro de ensino un proxecto interdisciplinar no que os departamentos de Educación Plástica, Lingua galega, Tecnoloxía e Música se coordinaron para pór en marcha varias obras protagonizadas por monicreques. As representacións finais resultaron un éxito, o que non sería posible sen a inestimable axuda de Ton Arenas, principal responsable da compañía Mircromina Teatro de títeres, que aportou os seus coñecementos sobre a elaboración dos bonecos, a construción da estrutura do escenario, a redacción de guións dramáticos e a divertida posta en escena das obras de monicreques.
Os docentes manifestáronlle o seu agradecemento a Ton por contribuír ao nacemento dunha canteira de titiriteiros na Mariña e os rapaces expresaron a súa satisfacción por participar nunha actividade tan amena.

Exit mobile version