Site icon Crónica3.com A Mariña

O 80% dos stands da Feira de Mostras Multisectorial de Foz xa están reservados

Foz, 26 de xullo de 2013. O 80% dos stands da Feira de Mostras Multisectorial de Foz xa están ocupados, segundo os organizadores. O evento, que terá lugar do 22 ao 25 de agosto, foi presentado este venres na Casa da Cultura.

O presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo, recalcou a necesidade de “potenciar non so o comercio senón tamén o que é unha oportunidade de negocio para toda a Mariña, e ó mesmo tempo axudar a recoñecer os medios que temos no noso concello e potenciar a zona portuaria, que a temos con falta de recursos. É moi necesario que lle deamos unha volta, sabemos perfectamente que dende o Concello se está a traballar nese sentido, pero á zona portuaria temos que, dalgún xeito, darlle máis vida”. Ademais, considera que o porto podería ter “durante todo o ano vida, senón tan boa como pode ser no verán, si que pode ter actividades, igual que se fixeron a festa do berberecho ou outras”. Por isto, “nosoutros tamén queremos poñer o noso grao de area dende o comercio e ó mesmo tempo pensar que esta Feira de Mostras, a parte da ilusión que teñen os que se atreven a organizala tamén é unha oportunidade de negocio para toda a Mariña”.

O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz explicou que “a fecha non foi escollida de casualidade, facela en agosto significa ter asegurada a afluencia non so da xente que estea en Foz senón de toda a xente que se acerca á Mariña o fin de semana durante eses catro días e tamén xente de toda a provincia e de Asturias, a idea é que sexan moitos os que pasen pola feira. Será unha oportunidade de negocio para todos os comercios e negocios que expoñan alí, non so na parte interior da carpa senón tamén na parte exterior, onde estarán a feira do automóbil ou de motos antigas”.

Na presentación tamén estivo o alcalde do Concello de Foz, Javier Jorge Castiñeira, que se referiu ao evento “coma unha iniciativa que vimos moito tempo barallando e creo que Foz en verán é un sitio ideal para moitas cousas, pero sobre todo unha delas é precisamente esta, a posibilidade de facer unha feira multisectorial. Neste caso, congratulámonos porque se faga en Foz e porque se faga sobre en colaboración coa ACIA de Foz e que ademais se vaian engadindo a ela moitos máis sectores que o propiamente comercial, como é o caso da automoción e como pode ser tamén o gastronómico”.

Castiñeira dixo que “dende o Concello apoiamos o proxecto destes emprendedores nun momento complexo como é o que estamos a vivir, o pobo necesita de toda esta xente e é verdade que do 22 ó 25 de agosto estou seguro que vamos ter moita afluencia de xente, a parte da que trae a propia feira en si e o atractivo que ten, nesas datas o pobo tamén pode aportar moitas cousas e sobre todo moita afluencia de público. Estou encantado con esta nova iniciativa e cremos que pode perdurar, que vai dinamizar tamén o comercio e a hostalería de Foz e será outra fin de semana máis de referencia no verán”. Así, anima “a todo o mundo a que veña pasar ese fin de semana a Foz, que goce das nosas praias, da nosa gastronomía e de bos paseos, pero tamén que se pase pola Feira de Mostras Multisectorial e que goce tamén do comercio e de todo o que alí se vai a expoñer”.

Ángel Rojo, o organizador da Feira de Mostras Multisectorial de Foz considera a cita “un ejemplo de emprendimiento, Foz se mueve, su comercio, todo lo que en si compone el Concello es una muestra más de que se hacen cosas. Es una actividad que teníamos ya pendiente hacer desde hace tiempo y vimos, aprovechando el 25 aniversario de ACIA Foz, el momento para demostrar a los visitantes, a la gente que viene a vernos y a pasar unos días, que aquí hay actividades continuamente. Todos los fines de semana del mes de agosto se van a celebrar diferentes actividades tanto culturales como festivas y ese fin de semana, del 22 al 25 de agosto, era el que nos quedaba sin mucha actividad y hemos potenciado este evento. Sobre todo demostrar también, en estos momentos difíciles o complicados, el emprendimiento de los comercios, de la gente autónoma que está viviendo unas dificultades que todos más o menos sabemos, esto es un ejemplo de decir que entre todos somos capaces de unirnos y de movernos, de que la luz se ve al final del túnel y que entre todos poniendo voluntad es más fácil sacar una buena impresión”.

Rojo engadiu que “la palabra multisectorial lo dice bien claro, es una palabra que engloba diferentes sectores. Vamos a hacer un salón del automóvil al que van a venir diferentes marcas de concesionarios de aquí de la zona, vamos a tocar el sector gastronómico porque Galicia y las comunidades limítrofes tienen mucho que decir en este sentido y vamos a tener una demostración de los mejores productos de Galicia y de fuera de aquí. Al mismo tiempo, también tenemos espacio para el pequeño comercio y los servicios de la zona y esto lo vamos a potenciar con sectores como la artesanía, las antigüedades, la moda o la música. Habrá una zona outlet de primeras marcas. También vamos a tener una serie de actividades musicales a lo largo de los cuatro días y todo esto en un ambiente festivo, de pasarlo bien con los amigos y con los visitantes que nos vienen a ver estos días y entre todos hacer una feria agradable, que tengan un recuerdo positivo de lo que es Foz, de lo que es la Costa de Lugo y que esto es un ejemplo más de que el Concello de Foz y sus comerciantes se mueven”.

Aínda que o número de expositores está por determinar, o promotor di que “la acogida es positiva y hay espacio para aproximadamente 80 stands. Estamos a un 80% más o menos de ocupación y tenemos diferentes sectores tanto de Galicia como de las comunidades limítrofes. Va a haber un ejemplo general de todos los productos”. Os espazos, polo tanto, inda están abertos para a xente que queira expoñer os seus produtos. Os interesados pódense dirixir ao seguinte número de teléfono: 609 098 228. Nos xa ocupados, entre outros, estarán expositores como o do Concello de Foz, o da Deputación de Lugo, o do Consorcio da Ribeira Sacra para promocionar o Lugo interior, o expositor de ACIA, unha zona infantil para que os cativos se entreteñan…

Agárdase unha afluencia de público importante, que terá que pagar un simbólico prezo de dous euros pola entrada, incluíndo esta o sorteo dunha serie de cheques de compra nos expositores e unha consumición dunha cervexa ou dun viño. No acto de presentación participou tamén a concelleira de Comercio de Foz, Maite López Rego.

Exit mobile version