Ao mesmo tempo o primeiro edil asegurou que “neste Concello toda petición de reunión solicitada por unha persoa ou un colectivo é atendida” e neste caso a xuntanza levouse a cabo de forma inmediata, ao día seguinte da súa solicitude.
Nese encontro, Villares entregoulles aos responsables da Comisión unha documentación na que se incluían as cartas enviadas pola Xerencia do Hospital ao Concello, nas que constan as múltiples peticións do rexedor para manter o cadro médico de ambos centros de saúde. Ademais, os asistentes puideron comprobar que o acordo plenario no que a corporación aprobou instar á Xunta a continuar cos catro facultativos foi enviada por urxencia a esa administración.
Ademais, Villares quere deixar claro que a decisión “foi tomada pola Consellería de Sanidade e nós, dende o Concello e eu como alcalde xa fixemos público o noso desacordo e así llo manifestamos á Consellería de todas as formas posibles” ao igual que “lle temos transmitido que dende o Concello imos velar pola calidade na prestación da atención sanitaria nos dous centros de saúde”. Un compromiso que xa fixera público no seu momento, cando o Sergas lle denegou ao rexedor a súa petición de manter o mesmo número de médicos que ata o de agora, unha reclamación na que si conseguiu que Sanidade accedese a manter os dous centros de saúde abertos.