Site icon Crónica3.com A Mariña

O Atleti Lourenzá 2013/2014 foi presentado en Santa Cruz

atleti2013-2014O Atleti Lourenzá 2013/2014 foi presentado este luns nun acto no que estiveron presentes, ademais dos xogadores da plantilla e a directiva, a alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez, e o Presidente das Escolas e Concelleiro de Deportes, Pablo Maseda.

Con Álvarez Renda comandando a nave e con unha nova secretaría técnica coordinada polos capitanes e encabezada polo directivo Oscar González a plantilla presentouse con ata 8 caras novas: Dani Neira (a pasada temporada cedido no vinculado Mondoñedo CF), Chicho (procede do fútbol sala), Isaac Fdez (Lugo Xuvenil), Felipe González (lesionado durante toda a temporada pasada), Vinicius (xuvenil), Noé Recalde (Iberia), e retoman a práctica de fútbol un dos capitáns e alma máter do equipo en temporadas anteriores Pachicho así como o gardameta Iván Lombardía, que militou en equipos como o Iberia, Ribadeo ou Xove Lago e con amplia experiencia na categoría.

Dende a directiva queremos agradecer especialmente o traballo de compoñentes da plantilla que estiveron con nós estes anos e que son baixa por diferentes motivos, desexándolles a mellor sorte do mundo e deixándolles tamén abertas as portas para un futuro de novo en Sta. Cruz: o míster José Manuel (novo adestrador do Viveiro), Isra (Alta no Mondoñedo CF); Miguel (Alta no Castro), Oli (Alta no Santaballés) así como a Luís Varela, Luchi e Rubén.

Exit mobile version