Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Alfoz-O Valadouro denuncia que “o PP se dedica a castigar ós veciños recortando persoal na gardaría, mentres o BNG impulsa accións de carácter social coma o Banco de Libros”

Ante as acusacións que o PP lanza nos medios de comunicación contra o BNG, queremos puntualizar as seguintes cuestións:

O BNG forma parte da oposición municipal no Concello do Valadouro, e apoiará o goberno local na medida en que este desenvolva unha efectiva posta en práctica de políticas transformadoras, co obxectivo de poñer o concello ao servizo da cidadanía e achegar a administración ao pobo. O concello debe servir, na medida das súas posibilidades, de escudo protector diante da desfeita nos servizos públicos que o Partido Popular está a executar. Neste senso o BNG xa ve incluído nas actuacións prioritarias deste goberno o sistema de fondo de libros que era unha das condicións para apoiar o cambio de goberno no Valadouro. Para nós as políticas sociais son primordiais, incompatíbeis cunha malchamada austeridade que só agocha recortes e supresión de servizos básicos.

O BNG exíxelle a Lamela que se posicione sobre a supresión dunha praza de coidadora na gardaría do Valadouro e no canto de deixarse asesorar por Balseiro, que lle reclame unha marcha atrás nos recortes dos servizos públicos locais aprobados para non seguir castigando á veciñanza do Valadouro.
No BNG preguntámonos como ousan criticar os orzamentos recén aprobados, cando a redución nos gastos asigandos ao goberno supón un 50% con respecto ao gasto do anterior goberno, o cal non atendeu prioridade ningunha na política social, nin foi quen de xestionar nada novo con outras administracións.

Exit mobile version