Site icon Crónica3.com A Mariña

O CB Burela renuncia á Primeira División Autonómica

A xunta diretiva do club Baloncesto Burela, despois de analizar detidamante as vantaxes e inconvintes que tería xogar na categoría que acadou ao quedar campeón do grupo norte de 2ª división; comunica neste martes 30 de xullo, data na que remata o prazo para a inscrición de equipos en Primeira División Autonómica, a decisión de non inscribir o equipo na devandita categoría e volver a inscribilo na Segunda división autonómica onde xogará de novo na vindeira tempada 2013-2014.

“Entre as causas que valoramos para facelo así, ademais das meramente deportivas, xa que esixirían una maior implicación de toda o plantel de xogadoras, pesaron de maneira moi especial as de carácter orzamentario e económico. Nas actuais circuntancias, poñemos por enriba de todas a pervivencia dos equipos de base, asumir un maior custe no primeiro equipo podería poñer en perigo a pervivencia dun número importante de equipos de base que entendemos que é a misión fundamental do club”, segundo considera José Pedro Chao Polo, presidente do club.

“Esperemos que na próxima temporada ou en próximas temporadas as xogadoras volvan a acadar o ascenso, e entón con maior base deportiva e con mellores condicións económicas tentaríamos voltar á categoría a que agora renunciamos”, engade o presidente.

A diretiva do club lamenta que as xogadoras que acadaron na cancha un moi merecido ascenso non o poidan materializar na próxima temporada na que estamos seguros que influiría positivamente na súa marcha coma xogadoras, pero tendo en conta que moitas aínda están en idade júnior, terán sen dúbida novas oportunidades de chegar a Primeira autonómica.

Exit mobile version