Site icon Crónica3.com A Mariña

O CC Buril convida ao espectáculo ‘Onde está o mago Antón?’

mago antom copiaO Colectivo Cultural Buril trae a Burela o espectáculo do Mago Antón o próximo venres, 2 de agosto. A actuación do famoso mago galego terá lugar ás 21 horas na Casa da Cultura de Burela e leva por título “Onde está o Mago Antón?”. O espectáculo, que se ven celebrando ao longo de toda a provincia de Lugo, ao abeiro dun proxecto da área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, está dirixido a todos os públicos de todas as idades, desenvolvéndose en diferentes espazos. Desenvolverase en dúas xornadas e así, durante a tarde do xoves, día 1, o Mago Antón estará de visita por Burela, facendo microactuacións en diversos espazos públicos con dúas finalidades: a primeira é levar a maxia a espazos e a públicos onde a maxia non ten ningunha presenza, e a segunda, mobilizar a eses públicos para convidalos a asistir ao espectáculo final que terá lugar o venres, ás 21:00 horas no auditorio da Casa de Cultura de Burela. Desde o Colectivo Cultural Buril convidamos a pequenos e maiores a disfrutar deste grande espectáculo e de dous días cheos de maxia.

Exit mobile version