Con esta actividade as monitoras fixeron especial incidencia na utilización dos colectores de recollida selectiva e das papeleiras a disposición do usuario para contribuír a manter o entorno do areal limpo. Por outra banda, tamén se concienciou aos nenos e nenas sobre os residuos de aparatos eléctricos e electrónicos que remataron o fin da súa vida útil ou máis coñecidos como RAEE (ordenador, lavadora, neveira, móbil, etc…) e os residuos de pilas e acumuladores tamén coñecidos como RPA.
As monitoras fixéronlles entrega aos nenos dun folleto informativo sobre os tipos de pilas: pilas botón, pilas grandes ou cilíndricas, pilas ou baterías recargables ademais de facer fincapé en que as pilas usadas por considerarse un residuo perigoso non deben ser tiradas nunca ao cubo do lixo cos demais residuos domésticos porque conteñen metais pesados dado que poden chegar ao medio e afectar aos ecosistemas e á nosa saúde.
Os rapaces tamén presenciaron o proceso de recollida porta a porta de voluminosos para levalos posteriormente ao punto limpo.
Outras cuestións analizadas dentro do código de conduta nas praias foron que non se debe empregar xabón nas duchas dos areais, que non se permiten cans nas praias, que nos postos dos socorristas hai cinceiros para o depósito de cabichas e que é preciso respectar as normas de uso dos areais.