Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Barreiros investiu preto de 40.000 euros na posta en marcha da depuradora de Merille e na traída de auga

traida auga BarreirosBarreiros, 18 de xullo de 2013. En breve entrará en funcionamento a depuradora de Merille, segundo anunciaba este xoves o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, despois de que esta infraestrutura levara anos sen funcionar.

O rexedor explicou que “xa volve chegar a auga á depuradora de Merille xa que dende que se iniciaron os traballos de construción da autovía as obras cortáronnos o tubo que traía a auga desde a fonte do San Esteban, en San Cosme, e entón esa depuradora estaba parada. Noutra época abastecía a todo a San Cosme”.

Fuente Parga dixo que “é unha auga que vén por peso, que se capta no San Esteban e nuns días quedará restablecido ese servizo, que levaba anos parado e que é un aporte máis de auga para o concello”.

O alcalde barreirense sinalou que “se seque traballando, séguese investindo en mellorar e reforzar as infraestruturas de abastecemento de auga. E esta é un delas, é unha máis, hai outras obras abertas no concello para mellorar e reforzar esa rede de abastecemento”.

Alfonso Fuente engadiu que “supuxo un investimento de preto a 40.000 euros volver restablecer esta traída, que houbo que facer nova desde o San Esteban ata o depósito da Folgueirosa e dende alí xa vai polo que tíñamos ata a depuradora de Merille”.

Exit mobile version