Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela non organizará ningún acto oficial durante os sete días de loito tras o accidente ferroviario

OLYMPUS DIGITAL CAMERABurela, 26 de xullo de 2013. O Concello de Burela aprazou a presentación da Feira do Bonito e de Produart en Lugo para o vindeiro 1 de agosto. Inicialmente estaba prevista para o 31 de xullo, “pero queremos cumprir cos días de loito oficial decretados pola Xunta tras o accidente ferroviario de Santiago de Compostela”, segundo acaba de dar a coñecer o alcalde, José Mª González Barcia.

O rexedor subliñou tamén que “o Concello de Burela non organizará ningún acto oficial mentras non rematen os sete días de loito oficial fixados polo goberno galego”.

Concentración
Máis dun cento de persoas participaron este mediodía na concentración silenciosa de cinco minutos que tivo lugar nas inmediacións do Concello. Alí se deron cita funcionarios, veciños e edís de Burela pasa amosar o seu pesar polas vítimas do tren accidentado en Compostela.

Exit mobile version