Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo achega 1.100 euros para o Antroido de Verán que a ACIA organiza no Día do Turista

Cervo, 31 de xullo de 2013-O Concello de Cervo vén de asinar un convenio coa ACIA de San Ciprián no que se establecen os detalles da colaboración que prestará a administración cervense a esta asociación para a celebración do Antroido de verán, unha actividade que se inclúe no XXXII Día do Turista.

O convenio establece unha axuda de 700 euros para os premios que se concederán durante o concurso de disfraces. A maiores do convenio, o Concello colabora neste evento achegando 400 euros para financiar actuacións musicais e tamén aporta recursos municipais técnicos e humanos. Así, a contribución do Concello a este evento chega aos 1.100 euros, aos que hai que sumar as axudas concedidas ao CIT para a posta en marcha dos actos do Día do Turista en xeral.

A edil de Turismo, Begoña Alonso, explica que “desde el Concello consideramos importante colaborar con este evento y ayudar a que siga siendo atractivo, tanto a través de los premios, que inviten a la población a disfrazarse, como a través de actuaciones musicales que contribuyan a crear un ambiente festivo”. “Nuestra pretensión es que el Antroido de verán y el Día do Turista se mantengan como eventos habituales e ineludibles en el mes de agosto” no que segundo Alonso “la afluencia de visitantes llega a su punto álgido en un pueblo como San Ciprián, donde el sector turístico tiene una gran incidencia en la economía local”.

O Antroido de verán arrinca ás 21:00 horas co desfile de disfraces, que partirá da Casa do Mar e fará un percorrido polas rúas da vila, acompañado pola charanga “Dambara”. A partir das 22:00 horas a discoteca móbil Decibelios’s eventos amenizará a festa na praza dos Campos, así como a entrega de premios, prevista para as 00:00 horas. En canto aos premios, está previsto repartir 1.700 euros distribuídos en diferentes categorías.

Exit mobile version