Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Foz mellorou tres viais e anuncia o arranxo doutras estradas do municipio para este verán

calle da cruzFoz, 25 de xullo de 2013. O primeiro tenente de alcalde e concelleiro delegado de Medio Rural, Mar e Obras en Foz, Pedro Fernández Manín, e técnicos do Concello supervisaron as obras de mellora realizadas en tres viais focenses: o asfaltado da rúa da Cruz, o rebacheo da prolongación do Camiño Vello e o arranxo do camiño da Veiga da Sara.

Fernández Manín explicou que “estas actuacións foron solicitadas polos veciños da zona, que estaba moi deteriorada, e leváronse a cabo con cargo ó presuposto municipal”.

O concelleiro de Obras engadiu que “o alcalde está a facer xestións con outras administracións, sobre todo coa Xunta de Galicia, para seguir levando a cabo durante este verán melloras noutros puntos da rede viaria municipal, sobre todo na zona rural, como a limpeza de cunetas e rebacheos en diferentes estradas das parroquias do concello de Foz”.

Exit mobile version