Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo investiu máis de 10.000 euros na compra do xogo máis importante do parque de San Francisco

novo xogo parqueRibadeo, 22 de xullo de 2013. O Concello investiu 10.500 euros na compra do xogo máis importante do parque de San Francisco. O antigo, segundo o alcalde, Fernando Suárez, estaba deteriorado e podía ser un perigo para os nenos e nenas que disfrutan del.

O rexedor dixo que “esta pequena actuación que vimos de facer no parque de San Francisco de Ribadeo ven resolver un problema que tiñamos dende hai tempo dado que os xogos teñen unha vida útil e ao final acaban estando estragados e poden acabar provocando situacións de perigo. Isto, unido ás queixas dalgúns pais e nais que vían que esta circunstancia se podía ver un pouco en perigo, decidimos dende o goberno municipal substituír toda esta infraestrutura: o xogo máis importante que ten o parque, dotándoo tamén de novo pavimento. A verdade é que estes equipos son enormemente caros, están adaptados á normativa vixente e o prezo dese xogo, que é unha unidade xunto co seu pavimento, ascende a 10.500 euros”.

Suárez Barcia recoñece que “a situación económica non é moi boa e témolo que financiar con fondos propios, pero sabemos que é un parque moi demandado ó que van moitos nenos e nenas da nosa vila, do noso concello, e polo tanto dende esta fin de semana xa está operativo sen prexuízo de que máis adiante poidamos ir renovando novos equipos, novos equipamentos”.

Exit mobile version