Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello do Valadouro presentou as actividades de Ludiverán 2013

presentacion de ludixullo 2013 de xulloA Oficina Municipal de Información Xuvenil do concello do Valadouro presentou as actividades que ten preparadas para todos os mozos do val entre 4 e 12 anos. Este ano, o programa chámase Ludiverán porque abrangue os meses de xullo e agosto e os nenos estarán ocupados en diversas actividades os mércores e os luns de 10:30 a 13:30 horas.

Actividades da índole como aprender a debuxar, papiroflexia, cociña creativa, baile moderno, xogos recreativos,… e moito máis. Nesta edición, levamos á data da presentación das actividades máis de 25 inscritos para acudir a estas actividades e que se van a realizar no local social do parque Concepción Arenal de Ferreira.

Ó acto de presentación do evento que se realizou este luns 15 de xullo ás doce do mediodía, acudiron Marco Uría, como delegado de cultura do concello do Valadouro, Jesús Rodríguez Rubio como responsable da Oficina Municipal de Información Xuvenil, Miriam Vivero e Dimas Fernández como monitores da actividade.

Exit mobile version