Site icon Crónica3.com A Mariña

O CSIF cre que “sen presionar a ALCOA non pode haber melloras salariais”

O CSIF considera que a oferta de convenio de Alcoa é “mala”, tendo en conta que é unha empresa con beneficios, principalmente, grazas ás axudas do goberno con subvención da tarifa eléctrica.

José Manuel Piñar, representante de CSIF Alcoa San Cibrao, considera que “isto non foi suficiente e ALCOA néganos sinxelamente o IPC, condicionándoo todo a ter aínda maiores beneficios empresariais que los actuais”.

O Comité atópase agora sen saída, xa que se convoca folga, encontrará que os servizos mínimos que estivo acordando coa empresa nas últimas folgas deron lugar a que esta conseguira toda a produción durante as mesmas. “Agora ALCOA ten o dereito a esixir que se manteña ese precedente co que se asegura que os sindicatos non a van presionar e, polo tanto, non ten porque dar melloras salariais”, segundo apunta Piñar.

Durante a asemblea o CSIF explicou que ALCOA está propoñendo que o traballador que se marcha por contrato de relevo, terá que volver á fábrica cada ano a realizar o 15% da xornada (algo máis dun mes ó ano), e que con seguridade será en datas variables segundo as necesidades da empresa, en lugar de quedarse definitivamente na casa como en anos anteriores. “Isto será un gran inconveniente para o traballador que non poderá planificar a súa vida como persoa realmente xubilada”, aclara Piñar.

O CSIF tamén explicou que dende a Comunidade Económica Europea aínda non contestaron se vai a permitir que o Goberno subvencione a corrente eléctrica de ALCOA ou se terá que devolver ese diñeiro, “o que nos podería colocar na mesma situación de crise que os estaleiros de España, co perigo de perda de postos de traballo”.

Exit mobile version