Site icon Crónica3.com A Mariña

O equipo de goberno de Burela asegura que o bipartito acumulaba retrasos de ata oito meses nos pagos

Burela, 12 de xullo de 2013. O equipo de goberno sinala que o bipartito no Concello burelés, formado por PSOE e BNG, chegou a acumular retrasos nos pagos a provedores de ata oito meses. Por iso os populares consideran que o mellor que poden facer, uns e outros, é estar calados.

Desde o equipo de goberno consideran que “hai que ter unha cura moi dura e moi pouca vergoña política para dicir o que din o PSOE e o BNG. Nós nunca dixemos que estamos a pagar ao día aos provedores do Concello, senón que estaban pagadas todas as facturas presentadas ata o 31 de maio. Iso é un retraso de mes e medio”. Os populares manifestan que “si eles pagaban mellor que o digan e si chegaran a pagar mellor, que non o facían, non nos veríamos na obriga de ir ao crédito que din eles. O crédito é consecuencia da nefasta xestión económica de, entre outros, Alfredo Llano, Neves Cando e Remedios López, que era a concelleira de Facenda”.

O equipo de goberno burelés subliña que “si só gastasen o que se tiña e pagasen o que se debía non teríamos porque pedir o crédito. Os que tiñan que pagar do seu peto ese crédito deberían ser os concelleiros do PSOE e do BNG, si tivesen vergoña, e terían que pedirlle perdón aos veciños e ás veciñas de Burela por deixar o Concello como o deixaron. Por iso os cidadáns decidiron que non seguiran gobernando Burela. Son uns auténticos manirotos”.
Os populares engaden que “os que deixaron 1.300.000 euros en facturas sen pagar deberían estar caladiños, non deberían dicir nada. Eles tiveron retrasos nos pagos de ata oito meses e si tivesen algo de vergoña o que deberían facer é calar”.

Exit mobile version